Sunday, March 26, 2006

A maior revolución eclesiástica despóis de Lutero

Dámoslle a benvida á Igrexa Universal do Reino de Iolanda Castaño (IURIC). Fundada en marzo de 2006, é a primeira igrexa neopentecostal nacida na Galiza, aínda que xa conta con ducias de adeptos máis alá do Miño. O seu primeiro templo está a piques de construirse perto dun polígono industrial, aínda que o comenzo das obras depende dunha recalificación que chegará en breve. A IURIC xa conta con membros en Italia, Bélgica, Reino Unido, Brasil, Francia, Alemania e incluso China, por non falar das comunidades fortemente consolidadas en Madrid, Salamanca e Granada. Os fieis da igrexa na Galiza, a pesar da súa dispersión xeográfica, rondan o millar, unha cifra que crece día a día. A pesar deste predicamento universal, a IURIC todavía posúe ningunha cadea de televisión, emisora de radio ou publicación escrita. Para outras informacións, poden deixar a súa mensaxe neste espazo.

Vaia vostede con Iolanda.